Percebito — Camiseta
Percebito. O Percebe Guerreiro en pequeno: coiraza de escamas, casco das cinco placas da uña e dúas espadas. Nado nas rochas batidas polo mar de Galicia.
O deseño
A versión amable do guerreiro, para quen quere o guiño galego sen berralo. Ilustración orixinal de NeoRonin: non atoparás outra igual.
Que levas posto
Bella+Canvas 3001, camiseta unisex de algodón peiteado e fiado en anel (142 g/m²). Tecido lixeiro e transpirable, corte recto, colo redondo con canelado e etiqueta que se arrinca para non rozar.
En negro é 100 % algodón; en Athletic Heather leva 90 % algodón e 10 % poliéster, que é o que lle dá o xaspeado.
Talles e cores
- Talles: XS, S, M, L, XL e 2XL
- Cores: Negro e Athletic Heather
Produción e envío
Estámpase baixo pedido en Alemaña, dentro da Unión Europea: sen aduanas nin gastos de importación. Cada peza faise cando a pides, así que non hai stock que sobre.